PROXECTO EUROPEO
Iniciase o proxecto "Eurotroco" para emprendedores
[ 03/02/2010 ] EUROTROCO beneficiará a 30 emprendedores, dando prioridade a aqueles con novas empresas ou proxectos de empresa, que pasarán un mes con 30 empresarios de acollida en Italia e Suecia.
O programa Erasmus for Young Entrepeneurs (EYE) pretende favorecer os contactos interempresariais, o coñecemento de novos mercados e formas de traballo, así como a internacionalización das empresas.
Para levar a cabo este proxecto o Concello de Lugo conta cunha rede de socios europeos Alfombra Roja en Estocolmo e Academia Europea de Florencia, que serán os encargados de localizar os empresarios de acollida en Suecia e Italia, podendo contactar con empresas de acollida noutros países europeos si fose preciso, xa que o programa conta con más de 100 organismos intermedios en toda Europa.
O presuposto total de EUROTROCO son 52.078,29€, dos cales 40.084,88€ corresponden á subvención concedida pola Comisión Europea, 10.735,07€ á cofinanciación do Concello de Lugo e os 1.258,53€ restantes son cofinanciados polos socios europeos.
Os emprendedores contarán con 950€/mes os que vaian a Suecia e 900€/mes os que escollan Italia.
Atopará máis información nos seguintes enlaces:
Programa EYE
Proxecto EUROTROCO
Autor:
[ Voltar ]